Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello recada 116.700 euros coa poxa das casetas e caldeiros do polbo para as festas do San Froilán


# Xoves, 09/08/2007
Tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos

O Salón de Plenos acolleu esta mañá, ás 12:00 horas, a poxa das casetas e caldeiros do polbo para o San Froilán 2007. Novamente, a celebración da poxa estivo marcada pola tranquilidade e como novidade, alterouse a tradicional orde de subasta tras a solicitude dos peticionarios e o correspondente acordo dos membros da Comisión de Festas, polo que a poxa comezou coa primeira caseta e o primeiro caldeiro máis próximos ao recinto feiral.

O acto presidido pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, recadou 116.700 euros para a celebración dos festexos patronais que arrincan o 4 de outubro. Esta suma total é superior á do ano pasado no que acadaron 110.800 euros. En total, adxudicáronse 5 casetas do polbo ás que aspiraban 8 empresarios. Con respecto á poxa dos caldeiros, 6 empresarios optaron aos 5 existentes.

As casetas, que estarán situadas entre os números 1 e 5 da rúa Vila de Voz, reportaron 74.300 euros para as arcas municipais. Os caldeiros sumaron un total de 32.400 euros. Como sempre, as casetas e os caldeiros máis caros son os que están situados máis céntricos no ferial.

Os propietarios poderán iniciar as montaxes das casetas e dos caldeiros o día 10 de setembro e comezar a actividade a partir do 28 de setembro e continuala ao longo do mes de outubro.

Respecto ás taxas de prezos a ración de polbo custará 6,50 euros e a de pan 1 euro, ao igual que a ración de cachelos. O viño -botella de ¾ de litro- terá un custe de 2 euros.

A edil manifestou a súa satisfacción “pola normalidade coa que transcurriu a poxa e con que a calidade do polbo a feira estará garantida coa presenza dos grandes restauradores da cidade e as mellores pulpeiras”.

Despois da poxa, a distribución de casetas e caldeiros quedou do seguinte modo:

CASETAS
Nº Caseta Adxudicatario Prezo Saída Prezo Adxudicación
1 Antonio Lorenzo Lusquiños
(Xantar na Feira)
12.700 € 12.700 €
2 Manuel José Núñez
(Hotel Torre de Núñez)
13.800 € 13.800 €
3 Ramiro López López 14.900 € 14.900 €
4 Manuel Rey Vázquez 15.900 € 15.900 €
5 Aurora Baranda
(Pulpería Aurora e Fillos)
17.000 € 17.000 €
CALDEIROS
Nº Caldeiro Adxudicatario Prezo Saída Prezo Adxudicación
1 Alicia Fernández López 6.300 € 6.300 €
2 Manuel José Núñez
(Torre de Núñez)
7.500 € 7.500 €
3 Aurora Baranda
(Pulpería Aurora e Fillos)
8.500 € 8.500 €
4 Manuel Rey Vázquez 9.500 € 9.500 €
5 Aurora Baranda
(Pulpería Aurora e Fillos)
10.600 € 10.600 €



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova