O Salón de Plenos acolleu esta mañá, ás 12:00 horas, a poxa das casetas e caldeiros do polbo para o San Froilán 2007. Novamente, a celebración da poxa estivo marcada pola tranquilidade e como novidade, alterouse a tradicional orde de subasta tras a solicitude dos peticionarios e o correspondente acordo dos membros da Comisión de Festas, polo que a poxa comezou coa primeira caseta e o primeiro caldeiro máis próximos ao recinto feiral.
O acto presidido pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, recadou 116.700 euros para a celebración dos festexos patronais que arrincan o 4 de outubro. Esta suma total é superior á do ano pasado no que acadaron 110.800 euros. En total, adxudicáronse 5 casetas do polbo ás que aspiraban 8 empresarios. Con respecto á poxa dos caldeiros, 6 empresarios optaron aos 5 existentes.
As casetas, que estarán situadas entre os números 1 e 5 da rúa Vila de Voz, reportaron 74.300 euros para as arcas municipais. Os caldeiros sumaron un total de 32.400 euros. Como sempre, as casetas e os caldeiros máis caros son os que están situados máis céntricos no ferial.
Os propietarios poderán iniciar as montaxes das casetas e dos caldeiros o día 10 de setembro e comezar a actividade a partir do 28 de setembro e continuala ao longo do mes de outubro.
Respecto ás taxas de prezos a ración de polbo custará 6,50 euros e a de pan 1 euro, ao igual que a ración de cachelos. O viño -botella de ¾ de litro- terá un custe de 2 euros.
A edil manifestou a súa satisfacción “pola normalidade coa que transcurriu a poxa e con que a calidade do polbo a feira estará garantida coa presenza dos grandes restauradores da cidade e as mellores pulpeiras”.
Despois da poxa, a distribución de casetas e caldeiros quedou do seguinte modo:
CASETAS | |||
Nº Caseta | Adxudicatario | Prezo Saída | Prezo Adxudicación |
1 | Antonio Lorenzo Lusquiños (Xantar na Feira) |
12.700 € | 12.700 € |
2 | Manuel José Núñez (Hotel Torre de Núñez) |
13.800 € | 13.800 € |
3 | Ramiro López López | 14.900 € | 14.900 € |
4 | Manuel Rey Vázquez | 15.900 € | 15.900 € |
5 | Aurora Baranda (Pulpería Aurora e Fillos) |
17.000 € | 17.000 € |
CALDEIROS | |||
Nº Caldeiro | Adxudicatario | Prezo Saída | Prezo Adxudicación |
1 | Alicia Fernández López | 6.300 € | 6.300 € |
2 | Manuel José Núñez (Torre de Núñez) |
7.500 € | 7.500 € |
3 | Aurora Baranda (Pulpería Aurora e Fillos) |
8.500 € | 8.500 € |
4 | Manuel Rey Vázquez | 9.500 € | 9.500 € |
5 | Aurora Baranda (Pulpería Aurora e Fillos) |
10.600 € | 10.600 € |