A Policía Local informa que o sábado, día 28 estará cortada ó tráfico, de vehículos e de peóns, a rúa San Pedro no tramo compredido entre as rúas Nóreas e Progreso. O corte farase efectivo entre as 8:00 e as 10.00 horas.
Este corte é debido ós traballos de bombeo de formigón para a obra do inmoble nº 19 da rúa San Pedro.
O Sábado, día 28, tamén se cortará ó tráfico a rúa Pontevedra no tramo comprendido entre as rúas Castro Gil e Concepción Arenal.
O corte farase efectivo entre as 8.00 e as 20.00 horas, debido a instalación dun vehículo guindastre para retirar un guindastre de obra no nº10 da rúa Pontevedra.