Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

David Bisbal actuará no Recinto Feiral durante as festas de San Froilán


# Xoves, 06/09/2007
Burning, Ilegales e Deluxe son algúns dos concertos contratados pola Concellería de Cultura e Turismo

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, confirmou hoxe a actuación de David Bisbal, un dos artistas españois máis internacionais, nas vindeiras festas de San Froilán. O almeriense cantará ante o público lucense a partir das 20:30 horas do martes 9 de outubro no Recinto Feiral, o enclave máis axeitado para soportar o escenario do artista, que consta de dous guindastres de 4 toneladas.

A Concelleira indicou que “o concerto se celebrará máis cedo que o resto das actuacións xa que o cantante ten un público moi novo”.

Concepción Burgo tamén anunciou o concerto conxunto dos clásicos de Rock Burning e Ilegales o día 5 no escenario de Ramón Ferreiro.

Outra actuación confirmada é a de Deluxe, a banda do galego Xoel López, o martes 9 de outubro na Praza de Santa María, que interpretará cancións do seu último disco Fin de un viaje infinito.

As citas xa confirmadas

Outras das citas musicáis que xa están pechadas para ás festas deste San Froilán 2007 son:

- Albert Pla o 10 de outubro na Praza de Santa María.

- El Sueño de Morfeo o 10 de outubro no escenario de Ramón Ferreiro.

- Orishas o 11 de outubro no escenario de Ramón Ferreiro.

- Mercedes Peón o 12 de outubro na praza de Santa María.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova