Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde leva a Barcelona o programa das festas de San Froilán de Lugo


# Mércores, 26/09/2007
Trátase dunha visita institucional xa tradicional nos últimos anos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistirá este xoves á presentación oficial conxunta das festas de San Froilán de Lugo e do distrito barcelonés de Nou Barris. Esta cita será este xoves 27 de setembro ás 21:00 horas no Salón de Plenos do Concello do distrito catalán.

O mandatario lucense acude novamente a esta presentación para promocionar as festas de Lugo e en apoio ao labor realizado por un grupo de emigrantes lucenses agrupados neste barrio como Asociación de Amigos do San Froilán.

Hai 13 anos que comezaron con esta celebración, que recupera o tradicional estilo popular, con música galega, verbenas, sesión vermú e procesión.

Nesta ocasión, o Alcalde lucense compartirá a presentación das festas coa nova rexidora do distrito de Nou Barris, Carmen Andrés i Añón. López Orozco entregaralle como agasallo institucional unha escultura de Sargadelos que representa á figura de María Castaña.

Posteriormente, o mandatario de Lugo asistirá unha cea na que participarán diversas autoridades da Cidade Condal e integrantes da Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña.

As festas do San Froilán barcelonesas son visitadas por máis de 40.000 persoas, segundo os datos que manexa a Garda Urbana. Están polo tanto consideradas as segundas festas máis importantes da capital, despois da Merced, e todos os anos acoden a elas personalidades da vida política, cultural e social catalana.

Está prevista a asistencia dos presidentes das distintas entidades empresariais e culturais galegas con presencia en Cataluña.


A intención dos organizadores é promocionar as festas de San Froilán, tanto as catalanas como as lucenses, e manter un nexo de unión entre ambas como se ven facendo desde que López Orozco é Alcalde da cidade de Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova