Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
28/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O Concello presenta o Plan de Tráfico para as Festas de San Froilán


# Jueves, 27/09/2007
Haberá cinco zonas de aparcamento alternativo

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou hoxe o Plan de Tráfico para as festas de San Froilán, que “se plantexou coa idea de ser o máis práctico e efectivo posible”.

O Plan ten como principal obxectivo ordenar a circulación na cidade para causar as menores molestias os veciños e vecinos durante os días de festa, polos cortes de tráfico, e potenciar o uso do transporte urbano.

As vías incluídas dentro do Recinto Feiral serán cortadas ó tráfico a partir das 19:00 horas, agás os días nos que a maior afluencia impida o acceso dos vehículos en función das necesidades. Forman parte do recinto Feiral: a avenida de García Protela, rúa Pascual Veiga, rúa Puro Cora, Praza de Avilés, a avenida de Rodríguez Mourelo, glorieta Irmáns Pedrosa, o primeiro tramo da avenida de Ramón Ferreiro, rúa Bispo Aguire e a rúa Anxo López Pérez.

Dende a Concellería de Protección da Comunidade se fará un esforzo adicional para garantir a fluidez do tráfico en todo momento coa presenza de policías na zona e coa regulación dos ciclos dos semáforos nos cruces que así o precisen.

Ademáis polo gran número de visitantes nestas datas na cidade, disporase de cinco zonas de aparcamento preto das principais vías de acceso á cidade:

- Dúas zonas de aparcamento na rúa Campos Novos.

- Un na rúa Madanela.

- Un na avenida de Pablo Favio Máximo.

- Un en Poeta Noriega Varela.

Estos aparcamentos alternativos contarán cun servizo de bus urbano para acceder ó Recinto Ferial e intentar reducir o uso do vehículo privado no centro da cidade. Serán dúas liñas de autobús as que unirán as cinco zonas habilitadas coa zona da festa. Ademáis, as liñas 3ª, 4, 5, 6 e 7ª prolongarán o seu servizo ata as dúas da madrugada os días 4, 5, 6 , 7 e 12 de outubro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva