Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asiste ó desfile de gando polo centro da cidade


# Mércores, 03/10/2007
López Orozco quere que Lugo se convirta con orgullo na capital rural de Galicia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco e outros membros da Corporación, asistiron ó desfile de gando que tivo lugar polas rúas do centro da cidade.

A recuperación deste tradicional desfile, típico das feiras de San Froilán de hai máis de 30 anos, foi idea do Alcalde de Lugo e do Delegado de Medio Rural, Emilio López Pérez.

Polas principais rúas do centro histórico desfilaron arredor de 30 animais, entre eles un touro de 1.600 quilos, burros, vacas e gando miúdo que ía en carros.

O percorrido que seguiron os animais foi: Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña, Praza Maior, Bispo Aguirre e zona peonil da Ronda da Muralla.

O Alcalde destacou a importancia de recuperar esta parte da historia das festas que é un recoñecemento ó traballo dos gandeiros e agricultores da provincia. López Orozco, suliñou que é envexable o traballo que fan estas mulleres e homes que sacan adiante o campo galego. “A cidade de Lugo debería converterse na capital rural de Galicia”, ó tratarse dunha provincia cun potente sector primario. De feito, será aquí onde se sitúe un dos centros máis punteiros na investigación e desenvolvemento deste sector, o CETAL.

Para rematar este desfile de honra ás vellas tradicións desfilou pola Praza Maior unha lexión romana que puxo o punto final a esta pequena viaxe á historia da cidade de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova