Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Corte de tráfico na rúa do Teatro


# Venres, 09/11/2007


O vindeiro domingo día 11 de novembro, ás 08:00 horas, a empresa Grúas Vidal SA cortará ao tráfico o tramo da rúa do Teatro comprendido entre as rúas do Progreso e Ánxel Fole, para realizar os labores de montaxe dun guindastre de obra da empresa SARRIGLAS SL. Os traballos estímase que finalizarán ás 18:00 horas.

A empresa disporá dun operario-señalista que situado na intersección da Ronda da Muralla coa rúa do Teatro informará aos condutores e regulará o tráfico, permitindo o acceso pola Porta da Estación somentes ós vehículos de persoas residentes e ós que se dirixan ó aparcadoiro Ánxel Fole. Así mesmo o cruzamento disporá de panel informativo do corte.

O cruzamento da praza de Santo Domingo coa rúa do Progreso disporá de sinalización circunstancial sobre valo para impedir o acceso á zona de traballo, desviándose o tráfico pola rúa San Marcos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova