Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Incidencias por mor da tormenta


# Luns, 17/09/2007


O Servizo de Bombeiros e os axentes da Policía Local tiveron que desprazarse, hoxe, día 17 durante o turno de noite ós seguintes puntos da cidade onde se rexistraron as seguintes incidencias.

Os Bombeiros levantaron as tapas das arquetas na avda. da Coruña cruzamento coa rúa Ferreiriño para que non se formase balsas de auga na calzada.

Tamén se desprazaron á rúa Miguel de Cervantes, 60 e a rúa Ribadeo aínda que nestes puntos non foi necesaria a súa intervención.

O Servizo de Bombeiros tivo que sufocar un pequeno incendio nun alpendre na rúa San Vicente, 1, posiblemente provocado pola caída dun raio. Este incendio afectou especialmente o teito que era de planchas de poliuretano. O lume quedou extinguido de inmediato pola rápida intervención dos bombeiros.

A policía Local non rexistrou ningunha chamada por inundacións


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova