Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
20/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

A Gran Muralla China irmanada no San Froilán coa Muralla Romana de Lugo


# Lunes, 08/10/2007
As pirámides de Exipto, os fiordos noruegueses e as cataratas de Iguazú, son as outras tres maravillas irmanadas co monumento chinés

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Embaixador de China en España Qiu Xiaoqi, e o Embaixador en Misión Especial para o Ano de España en China, Pablo Bravo Lozano -de orixe lucense-, presidiron o acto de irmanamento entre a Gran Muralla China e a Muralla Romana.

Ás 12:00 horas tivo lugar a recepción do embaixador e a Delegación que o acompañaba, na Casa do Concello. O embaixador asinou no libro de honra desexando moita felicidade ó pobo de Lugo.

Ás 12:30 os convidados á recepción, precedidos da agrupación folclórica Cántigas e Frores dirixíronse cara o tramo peonil da Ronda da Muralla. Alí estaban esperándoos arredor de 30 nenas lucenses de orixe chinesa acompañadas das súas familias.

Este tramo da muralla foi engalanado para a ocasión con teas vermellas, cor que simboliza a benvida e a boa sorte para o pobo chinés.

O Alcalde, José López Orozco, destacou a importancia da unión destes dous monumentos que foron murallas defensivas no pasado, e hoxe son lazos de unión e paz entre dous pobos con tanta historia ás súas costas. “Comprenderedes que me embarga a emoción e a única palabra que me ven á boca é grazas, grazas. A chinesa e a lucense son dúas murallas que teñen moitos anos de historia, foron observadoras do tempo e dos avances da humanidade, hoxe convértense en irmáns”.

Na actualidade, a Gran Muralla China só está irmanada con tres maravillas, tamén Patrimonio da Humanidade, como son as Pirámides de Exipto, os Fiordos noruegueses e as cataratas de Iguazú, polo tanto a Muralla Romana de Lugo pasa a formar parte desta exclusiva lista.

Despois das intervencións das autoridades catro cativas representando ás nenas chinesas de Lugo entregáronlle ó embaixador de China e ó Alcalde, un pergamino como recordo deste día tan especial para elas e explicáronlle a Qiu Xiaoqui, nun perfecto chinés, que sempre será benvido nesta cidade.

Dúas Murallas na historia
A Gran Muralla China foi declarada Patrimonio da Humanidade en 1987, e a de Lugo no ano 2000, ámbalas dúas son símbolos dun pobo e representan o pasado glorioso de dous imperios que contaron con dúas das civilizacións máis antigas e poderosas da historia.

A Gran Muralla China é unha antiga fortificación defensiva construída para protexer ó imperio chino dende o século III a.C. dos ataques do nómadas xiongnu de Mongolia e Manchuria. Ten 7.300 quilómetro de lonxitude de leste a oeste.

A Muralla Romana de Lugo foi construída entre os anos 260 e 310 d.C. É o recinto amurallado mellor conservado de España e ten unha lonxitude de 2.14 quilómetros.

Este acto enmárcase dentro dos Actos do Ano internacional de España en China.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva