Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
26/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

Unha festa popular centra o Día dos Maiores deste San Froilán 2007


# Lunes, 08/10/2007
O cantautor Antonio Placer ofrecerá un concerto acompañado por convidados sorpresa

Este luns de San Froilán está dedicado aos maiores cunha festa popular que centra os actos do día.

O programa festivo arrinca ás 12:00 horas coa apertura da Porta do Bispo Odoario a cargo de José Ignacio vidal Pardo, representante do Colexio Oficial de Médicos.

Ás 17:00 horas terá lugar a apertura da zona de xogos do San Froilanciño na carpa instalada no patio do Edificio Administrativo do Concello. Esta área de xogos variados estará aberta ata as 20:00 horas. Os nenos poderán gozar nesta instalación de actividades como o Garabato de Xogo (no que poden descubrir máis de trinta xogos elaborados con materiais reciclados); o Laberinto ou obradoiros de malabares e de Ciencia Divertida.

Dentro do Festival Internacional de Monicreques (Galicreques 2007) a compañía colombiana Granito Cafecito representará a obra “Los tres cerditos” ás 18:00 horas na carpa situada na Praza de Anxo Fernández Gómez.

Á mesma hora comeza na Praza Maior o acto principal deste Día dos Maiores coa festa popular amenizada pola Orquestra Alianza.

O humor cobrará protagonismo da man de Peter Punk, que ofrecerá un espectáculo cómico-circense a partir ads 19:30 horas na carpa dos espectáculos de San Froilanciño, situada na Praza de Anxo Fernández Gómez.

O cantautor Antonio Placer sorprenderá ao público asistente ao seu concerto cunha serie de convidados sorpresa que o acompañarán na actuación gratuíta que ofrecerá a partir das 21:00 horas na Praza de Santa María.

Este compositor de orixe galego e afincado en Francia representa a tradición dos antigos trobadores e nas súas composicións recupera as melodías medievais. O amor, a liberdade, o humanismo están presentes nas súas creacións que transmiten un pensamento crítico coa sociedade actual e co comportamento humano.

O grupo Stranniki collerá o relevo musical cun concerto que dará comezo ás 23:00 horas nesta mesma praza.

A noite será amenizada pola charanga O Cuco de Velle que levará os seus ritmos polas rúas da cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva