Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello recibe un desfibrilador automático para Protección Civil


# Martes, 16/01/2007
Uns 30 voluntarios formáronse co 061 para a utilización deste aparato, doado pola Concellería de Presidencia

A Delegada de Presidencia, Begoña Santos; e o Director Provincial do Sergas, José Luis Rodríguez López; entregaron esta tarde ao Concello de Lugo, representado polo Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, un desfibrilador automático do que fará uso o Servizo de Protección Civil.

Un grupo de 30 voluntarios de Protección Civil asistiron onte e hoxe a un curso de formación para o uso deste mecanismo de desfibrilación externa semiautomática (DESA), que imparte de xeito gratuíto o 061. Trátase dunha formación teórica e práctica de oito horas de duración que se impartiu entre as catro e as oito da tarde.

Presidencia dota ao departamento de Protección Civil do Concello de Lugo deste desfibrilador externo semiautomático para atender os casos de parada cardíaca en emerxencias. Pasa así a contar con un material que xa teñen outros concellos galegos.

Este equipamento, co que contan todas as ambulancias do 061 en Galicia, necesita esta formación reglada específica do persoal para a súa utilización. Por isto, realízase esta acción formativa en colaboración coa Fundación Pública de Urxencias de Galicia.

A citada formación comprende a teoría e práctica simulada da reanimación cardiopulmonar asistida polo citado equipo.

A área de Protección da Comunidade do Concello de Lugo, como responsable da intervención dos medios municipais nas emerxencias, considera este equipamento e a formación específica como primordais na mellora da seguridade das persoas.

Durante o acto de entrega agradeceron todos o esforzo realizado por parte do persoal de Protección Civil, todos estes voluntarios e desexaron unanimente "non ter que utilizalo, aínda que é necesario ter os coñecementos para poder facelo, xa que salvar unha vida é unha das satisfaccións maiores que existen para os grupos de atención en emerxencias".


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova