Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
20/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

Éxito de afluencia no ecuador das festas


# Viernes, 10/08/2007
O cantautor Antonio Placer presenta o seu último disco na Praza de Santa María

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, indicou esta mañá en rolda de prensa a boa evolución das festas de San Froilán. Afirmou que “dende a organización dos festexos estamos moi satisfeitos coa marcha do programa”.

A Concelleira aludiu á grande afluencia de público a todos os concertos que contaron con cheo absoluto dos espazos onde están ubicados os escenarios, tanto na praza de Ramón Ferreiro como Na de Santa María, e onte No Pazo Universitario coa actuación de Mägo de Oz.

Ademais Burgo destacou o éxito rotundo do San Froilanciño. Explicou que “superáronse con creces as expectativas que tiñamos, de feito, as dúas carpas parece que quedaron pequenas”.

As rúas estiveron abarrotadas dende o inicio das festas. Lucenses e visitantes volcáronse co programa de festexos e asistiron en masa ó recinto feiral, ós actos relixiosos, actividades deportivas, títeres e verbenas. Día e noite a cidade é pura festa e a Concelleira anunciou que “se prevé superar as cifras de asistencia dos anos anteriores”.


Música para atoparse
A Concelleira de Cultura presentou co cantautor Antonio Placer, esta mañá no Concello, o concerto que ofrecerá esta tarde na praza de Santa María a partir das 21:00 horas. O compositor de orixe galego presentará o seu último disco Cancionista.

Placer indicou que estará acompañado no seu concerto por unha serie de amigos convidados, entre os que estará a tamén galega Rosa Cedrón.

Este músico sorprenderá coas súas composicións coas que recupera as melodías medievais. O amor, a liberdade, o humanismo están presentes nas súas creacións que transmiten poéticamente un pensamento crítico coa sociedade actual e co comportamento humano.

Esta será a primeira actuación en Lugo do artista que fala de si mesmo como “un hombre que hago canciones y las reparto por los 4 puntos cardinales”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva