Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
29/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

As actuacións de David Bisbal, Ian e Deluxe serán o eixo do último martes deste San Froilán


# Viernes, 10/08/2007
O programa complétase co Festival Internacional de Monicreques e a actuación dos malabaristas Hermanos Infoncundibles

Para o concerto de David Bisbal puxéronse á venda 6.000 entradas

O programa de festas deste martes, día 9 de outubro, comeza ás 12:00 horas coa apertura da Porta Nova a cargo de Francisco Javier Jiménez Miralles, representante do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Depositarios da Administración Local. Seguidamente, a partir das 12:15 horas, dende esta mesma porta sairá un pasarrúas do grupo de música tradicional Cantigas e Frores. Con esto rematan as actividades da mañá.

O prato forte chegará pola tarde. Ás 17:00 horas os máis cativos serán os protagonistas absolutos coa apertura da zona de xogo de San Froilanciño, situada na carpa no edificio administrativo do Concello (Seminario). Pais e nenos disporán de tres horas de xogos e talleres gratuítos cos que poderán aprender malabares, gozar con experimentos científicos superar o desafío dun labirinto.

Ás 17:30 horas a atención desprazarase ata a Praza Nova de Ramón Ferreiro onde terá lugar unha exhibición de deporte rural vasco coa corta de tronco polo posuidor do récord mundial nesta especialidade, e levantamento de pedras.

Media hora máis tarde, ás 18:00 horas comeza o Festival Internacional de Monicreques, GALICREQUES 2007, da man do Centro de Producción de Actividades Alternas (Venezuela) que presentará Cuentos in-versos para niños traviesos, na praza de Anxo Fernández Gómez (detrás do edificio do Concello).

Os malabares e a música para os nenos chegarán a partir das 19:30 horas cos Hermanos Infoncundibles na mesma praza de Anxo Fernández Gómez.


David Bisbal, Ian e Deluxe
O espectáculo musical chegará a Lugo a partir da 20:30 con David Bisbal que trae ó Pazo de Feiras e Congresos a música do seu Premonición Tour 2007. A apertura de portas será unha hora antes.

Lugo é unha das últimas cidades da súa xira española que remata o vindeiro 13 de Outubro en Almería, e puxéronse á venda 6.000 entradas.

David Bisbal ven acompañado dun equipo de 44 persoas e fai unha posta en escea de talla internacional co escenario máis grande de todas as festas, cun peso que supera as 4 toneladas de peso en cada punto de apoio.

Presenta un espectáculo enérxico de arredor de dúas horas de duración para facer vibrar ó público nesta recta final das festas de San Froilán 2007.

Bisbal presentará na cidade amurallada os seus tres discos, Corazón latino, co que se deu a coñecer no ano 2002, Bulería e Premonición. Con eles leva vendidos máis de 3 millóns de discos en España e América e ten xa 30 Discos de Platino e 15 de Ouro.

Ás 21:30 comezará o concerto dos grupos Ian e Deluxe na praza de Santa María

Deluxe é un proxecto musical que sae da man de Xoel López. Desde a publicación do seu primeiro álbum, Now What You Had Though, en 2001, converteuse nunha referencia do pop independente a nivel internacional. Co seu terceiro traballo Los jóvenes mueren antes de tiempo, foi elexido pola revista Rolling Stone como o Mellor Disco Español do Ano. Este ano vén ó San Froilán co seu novo disco Fin de un viaje infinito.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva