Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
20/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

El Sueño de Morfeo e Albert Plá, protagonistas musicais o mércores 10 de outubro


# Martes, 09/10/2007
O programa continúa con actividades para cativos e maiores

As actividades festivas do 10 de outubro comezan ás 12:00 horas coa apertura da porta de San Fernando a cargo dun representantes do Colexio Oficial de Ópticos Optomestristas. Dende este mesmo lugar sairá 15 minutos despois o pasarrúas do grupo de música tradicional Cantar das Eiras.

O programa de actividades para os máis cativos da casa comezarán ás 17:00 horas coa apertura da zona de xogo do San Froilanciño na carpa instalada no edificio administrativo do Concello.

Ás seis da tarde continuarán as representacións do Festival Internacional de Monicreques –GALICREQUES 2007- esta vez coa actuación de Teatro dei Fauni que trae a Lugo El bosque en la maleta.

Ás 19:30 horas a maxia inundará as rúas da cidade. Chega o Mago Rey Midas á carpa da praza de Anxo Fernánde Gómez para facer gozar a nenos e maiores.

Un pouco máis tarde, ás 20:30 horas a música tomará a cidade da man do grupo El sueño de Morfeo, na praza nova de Ramón Ferreiro

El Sueño de Morfeo chega dende o Principado de Asturias fusionando os ritmos celtas, pop e rock. Está composto por Raquel del Rosario (voz), Juan Luis Suárez e David Feito (guitarra) e o seu primeiro single Nunca Volverá foi un éxito de ventas en España. Pero o grupo recibiría un importante impulso coa súa aparición na serie española Los Serrano. Recentemente conseguiron o seu segundo disco de platino, con más de 150.000 copias vendidas do seu primeiro disco.

Alberta Plá será quen porá o broche de ouro a este antepenúltimo día das festas cun concerto gratuíto que comezará ás 22:30 horas na Praza de Santa María .

Este cantautor catalán, concretamente de Sabadell, controvertido polas súas letras, deuse a coñecer tras ganar un festival de Jóvenes Cantautores e dende aquela quixo influir na moral de toda unha xeneración. De feito, foi aclamado e vetado en moitos lugares polas súas actitudes cualificadas como obscenas. En Lugo tamén quere deixar a súa persoal pegada.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva