Cargando....
Concello de Lugo
02/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Feira Medieval e os concertos de Mercedes Peón e Los Tigres del Norte poñen punto e final ás festas de San Froilán 2007


# Xoves, 11/10/2007
A maxia, a música e a historia tomarán as rúas no peche das festas patronais

O último día das festas chega este ano cheo de actividades. O Día do Pilar comezará ás 11:00 horas coa apertura da porta Miñá a cargo do representante do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais. Seguidamente sairá dende alí un pasarrúas do grupo de música tradicional Andaina.

Aproveitando a festividade, os cativos poderán disfrutar dende primeira hora das actividades na zona de xogo de San Froilanciño, na carpa do edificio administrativo do Concello.

Ás 11:30 horas comeza a Feira Medieval na praza Pio XII transportando ós visitantes moito tempo atrás. O mercado recupera a tradición con postos engalanados ao xeito da época e con mercadorías artesanais. A fachada da Catedral será o marco idóneo para os traxes medievais, que lucirán con vistosidade todos aqueles que queiran engalanarse para a ocasión.

Os máis novos continuarán nesta última xornada festeira con representacións do Festival Internacional de Monicreques (GALICREQUES 2007) a partir das 12:00 horas. Para pechar este ano na praza de Anxo Fernánde Gómez terá lugar a representación de Dança conmigo a cargo de Teatrinho.

Á unha do mediodía a Banda Municipal dará un concerto no templete da Praza Maior interpretando pezas de maestros como P. Chovi, Webber, Serrano ou P.Luna.


A partir das cinco da tarde, os cativos poderán voltar a gozar coas actividades previstas para eles no San Froilanciño que hoxe pechará as súas portas como o resto de actividades das festas locais.

A partir desa mesma hora as rúas enchéranse de son e de cor coa animación da compañía Xip Xap: Rum Rum Trasto Karts, no tramo peonil da Ronda da Muralla.

Ás seis da tarde comeza o II Circuíto Galego de Maxia na praza de Anxo Fernández Gómez que sorprenderá a nenos e maiores.

O tradicional peche da porta de Santiago será ás 19:45 horas a cargo de Luciano García Monasterio, representante do Colexio Oficial de Delineantes e Técnicos Superiores Proxectistas.

A sesión de concertos de peche comezará ás 20:00 horas na praza de Santa María coa galega Mercedes Peón, unha das voces máis significativas e innovadoras do panorama musical actual de Galicia.

Os fogos artificiais porán o broche de ouro a esta festas de San Froilán 2007. Comezarán ás 22:15 a cargo de Pirotecnia Resúa e poderanse contemplar perfectamente dende o Adarve da Muralla, Campo Castelo e o inicio do Recinto Feiral.

Ás 22:30 horas comezará o concerto do grupo mexicano Los Tigres del Norte na praza nova de Ramón Ferreiro. Esta banda está considerada como a voz do pobo mexicano e levan máis de tres décadas difundindo as inxustizas sociais que lle tocou vivir ó pobo do que forman parte. Foron calificados polos mexicanos como ídolos do pobo, por tratar á muller co máximo respecto e por non glorificar o tema do narcotráfico senón simplemente contar a súa historia.

Xa ás 23:00 horas as orquestras Costa Oeste e Montes pecharán este San Froilán 2007 enchendo de música cada rincón da praza Maior.

Actividades Deportivas
O deporte tamén terá cabida nesta xornada de despedida. Ás 9:30 comezará o III Open San Froilán de Bowling na bolera do Centro Comercial de As Termas. Ás 10 terá lugar o VII Concurso de pesca de Ciprínidos no tramo libre do Río Miño e unha hora máis tarde dará comezo o XXX Memorial de Atletismo Gregorio P. Rivera no estadio que leva o seu nome.

Tamén as 11:00 horas comeza o I Torneo de Espada Club Lugo Esgrima no novo Polideportivo do Parque da Milagrosa.

O serán verá cargado de actividades deportivas. Ás 17:00 horas no poliderpotivo da Piringalla, terá lugar o X Torneo Hockei Liña Cidade de Lugo e ás 20:30 horas dará comezo a Gala Premio El Progreso ó Deporte Lucense no Auditorio Municipal Gustavo Freire.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova