Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O San Froilán esperta o interese dunha publicación alemana


# Xoves, 11/10/2007
É a segunda vez que a cidade de Lugo aparece en Das Aktuelle Spanien Magazine

A cidade de Lugo continúa a ser un tema de interese nas publicacións alemanas especializadas en turismo. Nesta ocasión son as festas de San Froilán as que a revista Das Aktuelle Spanien Magazin reseña no seu interior. O espazo adicado ás festas patronais de Lugo forman parte dunha extensa reportaxe sobre as festas nacionais máis características. O San Froilán aparece xunto as festas do Pilar de Zaragoza, Moros y Cristianos de Alicante, a Romería de Nuestra Señora de Valme en Dos Hermanas ou a festa da Rosa del Azafrán en Toledo.

Xa o pasado mes de abril a revista Wander Magazine promocionaba nas súas páxinas o patrimonio arqueolóxico e natural lucense e en maio Das Aktuelle Spanien Magazin publicaba unha extensa reportaxe sobre a cidade, nunha sección dedicada á actualidade cultural española, e agora son as festas patronais as que chegan ós lectores da publicación.

Das Aktuelle Spanien Magazin é unha revista mensual editada en Málaga e que conta cunha tirada de máis de 12.000 exemplares que se distribúen en 21 municipios da Costa do Sol, como Sotogrande, Estepona ou Marbella, e varias cidades de Alemania e Austria. O número de lectores case se quintuplica, pois esta revista chega a 140 puntos de recepción entre os que figuran oficinas de varias entidades bancarias, clubes de golf e salas de lectura de grandes hoteis de luxo da costa malagueña.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova