Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Pechan as casetas do polbo situadas no primeiro bancal do parque de Rosalía


# Mércores, 31/10/2007
Miles de persoas asistiron á tradicional cita na cidade

O comezo do mes de novembro pon fin a máis dun mes de traballo das tradicionais casetas do polbo, que se atopan situadas no primeiro bancal do parque Rosalía de Castro.

As cinco casetas deste ano, rexentadas polas empresas Aurora do Carballiño, La Palloza, Manolo de Marce, Restaurante Parrillada Antonio e Torre de Núñez comezaron a funcionar, por acordo de todos eles, o 28 de setembro, coincidindo coa apertura do feiral de San Froilán.

Como todos os anos, as casetas foron un dos atractivos das festas e convertéronse nun reclamo para todos os visitantes, turistas e veciños que pasaron polo feiral, aínda que continuaron mantendo unha importante afluencia de público dende que este pechou, o día 12 de outubro.

Todos os anos sírvense preto de 90 toneladas de polbo nas casetas, polas que desfilan miles de persoas ás horas de xantar e de cear.

Mañá, será o último día no que estean abertas as casetas, que servirán só a comida de mediodía, para empezar a desmontar durante a tarde e despedirse ata o San Froilán do 2008.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova