Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello xa distribúe o programa de man do San Froilán 2007 nas oficinas municipais


# Venres, 28/09/2007
As casetas do polbo e as barracas comenzaron a funcionar este venres, 28 de setembro

Continúan á venda as entradas para os concertos de David Bisbal e Mägo de Oz

O programa de man do San Froilán 2007 xa está a disposición dos lucenses e de todos os visitantes desde a maña deste venres, 28 de setembro. O Concello de Lugo o distribúe gratuítamente nas distintas oficinas municipais. Os interesados en recollelo poden atopalo na Oficina de Cultura situada na Casa Consistorial, na Oficina Municipal de Turismo e na Caseta de Información que o Concello habilitará no fondo da Praza Maior durante as festas e que comezará a funcionar esta fin de semana.

Para acadar unha maior difusión das festas o Concello tamén repartiu exemplares do programa nas distintas oficinas de información turística de toda Galicia, ademais de distribuílo nos principais hoteis da cidade co fin de chegar aos turistas que visitan a cidade.

O Concello editou un total de 45.000 programas de San Froilán 2007, nestes folletos os lucenses e os visitantes poderán atopar as citas de cada día das festas co seu horario e o lugar de celebración. Para maior comodidade aparecen distinguidas por cores segundo sexa a súa natureza, ben actos institucionais, animación na rúa, música, fogos artificiais ou para nenos.

Ademais, ao final do libriño, os usuarios poderán consultar nun plano onde se atopan os distintos escenarios dos concertos, que, este ano teñen dúas novas ubicacións: o Pazo Universitario e o Pazo de Feiras e Congresos, ademais dos escenarios da Praza de Santa María e da Praza Nova de Ramón Ferreiro. Este último estreouse no pasado San Froilán co cencerto de Rosario.

A continuación, o programa inclúe un apartado dedicado ao programa de actividades deportivas, e, tamén, ás distintas exposicións que se celebran con motivo das festas. Pecha o folleto unha reseña do libro que O Concello publica coa chegada do San Froilán, dentro da colección San Froilán dos devanceiros.

Arrincan as barracas e as casetas xa sirven o polbo

Este venres, 28 de setembro, xa entraron en funcionamento as barracas situadas no recinto feiral e as casetas do polbo.

Novamente, as cinco casetas situadas na rúa Vila de Foz servirán, como manda a tradición, o viño,o pan e os cachelos para acompañar ás racións de polbo á feira cociñado nos cinco caldeiros. Respecto ás taxas de prezos: a ración de polbo custará 6,50 euros e a de pan 1 euro, ao igual que a ración de cachelos. O viño -botella de ¾ de litro- terá un custe de 2 euros.

Os lucenses e os visitantes poderán gozar deste tradicional menú das festas ata finais de outubro.

Continúan á venda as entradas para os concertos

As entradas para o concertos de David Bisbal continúan á venda por 15 euros na Oficina Municipal de Turismo e a través de La Caixa (www.lacaixa.es), Caixanova (www.caixanova.es) ou por 18 euros en taquilla.

As de Mägo de Oz pódense adquirir por 6 euros en Caixanova e na Oficina de Turismo ou por 10 en la taquilla del Pabellón Universitario el día del concierto.

O horario de atención ao público da Oficina de Turismo é de 11:00 horas a 14:00 horas y de 16:30 horas a 19:00 horas.
O concerto do cantante almeriense terá lugar o 9 de outubro ás 20:30 horas no Pazo de Feiras e Congresos, mentres o grupo de rock actuará o 7 de outubro no Pazo Universitario.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova