Relación de obxectos custodiados pola Policía Local
# Venres, 19/10/2007
O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia un número variable de obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.
A maioría dos obxectos perdidos son DNIs e documentación, así como carteiras e moedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.
Compartir: