Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo comeza as xuntanzas para a creación dunha empresa mixta de turismo e cultura


# Martes, 20/11/2007
A sociedade municipal daría continuidade ó Plan de Excelencia Turística

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o Delegado Provincial de Innovacion e Industria, Ramón Cortés, en representación da Dirección Xeral de Turismo de Galicia e José Francisco Real, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, mantiveron a primeira das xuntanzas para a creación dunha Sociedade Mixta de Turismo e Cultura de Lugo.

Nesta xuntanza o Goberno Local expuxo o borrador dos estatutos para a creación desta sociedade que se encargue da promoción na cidade do turismo en calquera época do ano.

Para o equipo de Goberno, nun municipio co valor gastronómico, histórico, artístico e paisaxístico de Lugo o fomento do turismo e da cultura deben estar estreitamente conectados. Por iso, a súa aposta é que esta empresa programe actividades culturales e espectáculos que teñan relación coa promoción turística da cidade.

O borrador inclúe como función da sociedade a xestión dos museos municipais e do centro de recepción de turistas, así como o intercambio e irmanamento e relacións externas que contribúan á potenciación turístico-comercial da cidade.

A creación da Sociedade Mixta de Turismo e Cultura de Lugo suporía contar na cidade cun órgano de xestión que garanta a continuidade do Plan de Excelencia Turística. O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, todas as Comunidades Autónomas, a FEMP e moitos concellos están a promocionar a creación de entes xestores deste tipo. No caso de Lugo o Concello quere contar, para a súa creación, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e a Dirección Xeral de Turismo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova