Cargando....
Concello de Lugo
04/10/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis do 80% dos lucenses considera que o cambio climático é un asunto prioritario


#
Apoian a adopción de medidas dástricas para palialo

A web municipal realizou unha enquisa sobre o problema do cambio climático co fin de coñecer a opinión dos lucenses neste tema.

Segundo os resultados obtidos neste sondeo, que propuxo tres opcións de resposta, o 81,52 % (con 481 votos) dos lucenses considera que é un asunto prioritario e hai que adoptar medidas drásticas canto antes para palialo.

Para 12,71 % dos participantes (con 75 votos) opina que é un problema real pero non é urxente adoptar medidas.

Mentres, o 5,762 % (con 34 votos) dos internautas pensan que é un asunto que non ten importancia.

Nesta enquisa, que permaneceu activa entre o 25 de outubro e o 9 de novembro, participaron un total de 590 persoas.

A web municipal realiza unha nova enquisa para coñecer as medidas que adoptan os lucenses nos seus fogares para reducir o consumo de auga. Todos os que desexen participar poden facelo en www.lugo.es.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova