Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha conferencia sobre o teatro de Valle-Inclán abre a programación do IV Festival de Teatro Clásicos del siglo XX


# Mércores, 21/11/2007
O catedrático norteamericano Dru Dougherty analizará a obra do autor galego este xoves, 22 de novembro, ás 20:30 horas na Sala Sargadelos

O IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX arrinca este xoves, 22 de novembro, coa conferencia que ofrecerá o catedrático norteamericano Dru Dougherty sobre o teatro de Valle-Inclán ás 20:30 horas na Sala Sargadelos.

Nesta edición, a cita teatral está dedicada ao gran dramaturgo do teatro español do século XX e unha das figuras máis recoñecidas da literatura universal, como é Valle-Inclán. Para estrenar o certame, o Concello achega a Lugo ao especialista no autor galego máis acreditado e de maior prestixio como é o caso de Dru Dougherty.

Este catedrático de Literatura Española da Universidade de Berkeley (California) desenvolveu ao longo da súa traxectoria profesional unha importante labor como investigador sobre o teatro e a novela da Idade de Plata da Literatura Española que ten plasmada en numerosas obras, entre as que figuran Un Valle-Inclán olvidado: Entrevistas y conferencias (1983), Valle-Inclán y la Segunda República (1986), Guía para caminantes en Santa Fe de Tierra Firme: Estudio sistémico de Tirano Banderas (1999) e máis de corenta ensaios sobre o autor galego.

O investigador ofrecerá unha semblanza da obra dramática de Valle-Inclán e achegará ao público asistente unha completa información sobre anécdotas, simboloxías e significados relacionados coa vida e a obra deste emblemático e mítico escritor.

A entrada é gratuíta e está aberta a todo o público ata completar aforo.


O venres 23 de novembro comezarán as representacións teatrais coas tres obras que constitúen o Retablo de Valle-Inclán: La Cabeza de Bautista, Las Galas del Difunto e La Rosa de Papel. O Auditorio Gustavo Freire acollerá a representación a partir das 20:30 horas.

O domingo 25 de novembro Producciones Cachivache & Teatro Zascandil levarán ás tablas Los Cuernos de Don Friolera.

Para pechar o festival de teatro, o martes 27 de novembro, o público poderá gozar coa obra máis famosa do autor galego, Luces de Bohemia.

Os prezos das entradas son populares e varían entre os 6, 8 e 10 euros, dependendo da zona do asento. Haberá un desconto de 2 ou 3 euros para xubilados, desempregados e estudantes. As entradas, todas elas numeradas, están á venda desde o pasado 14 de novembro na web www.caixanova.es e no teléfono de 902 504 500. Tamén poderán adquirirse desde unha hora antes do inicio de cada función nas taquillas do Auditorio Municipal.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova