Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello convoca a X edición do certame de narración curta Ánxel Fole


# Mércores, 21/11/2007
O primeiro premio estará dotado con 1.000 euros

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a X Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: en galego e en castelán.

Burgo anunciou que nesta edición o certame conta con varias novidades. Increméntase os premios en 100 euros cada un, pasando o primeiro premio a ser de 1.000 euros e o segundo de 500.

O certame “vaise consolidando como un premio suficientemente importante a xulgar polo número de participantes, que está a incrementarse todos os anos”. Na edición anterior houbo 43 participantes na modalidade en galego e 50 en castelán. O certame esperta todos os anos moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional.

A Concelleira indicou que, como todos os anos, publicaranse os 4 relatos gañadores para darlle maior publicidade ás obras. Os autores poderán, con posterioridade á primeira edición do Concello, publicar libremente os relatos.

Os traballos presentaranse no departamento de Cultura do Concello de Lugo (na Praza Maior) nun sobre pechado, baixo un lema ou pseudónimo na parte exterior. Dentro figurarán todos os datos do autor.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova