Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle a carpa de multilecer Ruando que ofrece deportes, xogos e novas tecnoloxías para todos os públicos


# Mércores, 21/11/2007
Ocupa 600 metros cadrados que albergan ducias de actividades gratuítas relacionadas co lecer

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Delegado Provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Xoán Xosé Molina, o Director de Zona de Caixanova, Jesús Vidal, e o Secretario Provincial de Deportes, Eduardo Fernández Abel, a carpa Ruando.

O edil explicou que esta actividade ofrecerá aos lucenses a posibilidade de gozar dun espazo de multilecer de 600 metros cadrados que albergan actividades gratuítas para todos os públicos.

Esta carpa está a percorrer o territorio galego achegando a vilas e cidades distintos deportes, xogos, inchables e novas tecnoloxías. Despois de visitar Vigo, O Grove, Cambados, Santiago de Compostela, Ribadeo e Monforte, entre outras, chega a Lugo onde permanecerá do 22 ao 25 de novembro na explanada do aparcadoiro do edificio administrativo do Concello de Lugo.

Os lucenses terán a oportunidade de gozar deste espazo de lecer de xeito gratuíto onde atoparán instalacións para practicar deportes como o fútbol, o badminton, o baloncesto, o fútbol-tenis… Tamén, poderán participar en xogos variados e asistir a exhibicións de animación e novas tecnoloxías.

A carpa estará aberta a todo o público de xeito gratuíto entre as 11:00 e as 14:00 horas, pola mañá, e de 17:00 e as 21:00 horas pola tarde.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova