Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde inaugura a XXII Xuntanza da Sociedade Galega de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética


# Sábado, 27/10/2007
Á cita asisten 38 congresistas de toda Galicia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugura a XXII Xuntanza da Sociedade Galega de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética (SGCPRE) que se celebra esta fin de semana no salón de actos do Policlínico Lucense (POLUSA).

Nesta cita a SGCPRE, celebra os 20 anos da súa fundación. Ademais, presentarán en Lugo a edición da súa propia revista, un proxecto moi desexado por todos os membros da sociedade e que nace coa pretensión de convertirse nunha aportación científica de calidade.

Un total de 38 congresistas de toda Galicia xuntaranse na cidade para debatir sobre a especialidade. Os asistentes poderán coñecer as técnicas específicas da rama encaminadas á reconstrucción ou reparación de grandes defectos de texidos ou á restitución da beleza e xuventude.

Historia de SGCPRE
No ano da súa fundación, en 1987, a SGCPRE integrábana só 4 cirurxiáns que tras anos de formación en conxunto mantiveron os seus lazos de amizade a pesar de ocupar as súas prazas nas 4 provincias galegas:

- Lugo, Dr. Zaera.
- Ourense, Dr. Martínez de Paz.
- Pontevedra, Dr. Fernández, en Vigo.
- A Coruña, Dr. González Álvarez, en Santiago.

Ano tras ano mantivo o seu espíritu de cordialidade, incrementándose o número de socios con novos especialistas e adquirindo paulatinamente un carácter máis científico, celebrándose xuntanzas anuais, a veces semestrais, ata chegar hoxe a ter 62 membros e celebrar a XXII Xuntanza da SGCPRE.

Nesta edición a sociedade aposta especialmente pola presenza dos seus residentes, que participan de forma activa nas sesións científicas, sendo a primeira reunión na que se premiará ó mellor traballo científico presentado por un residente.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova