Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Conselleiro de Medio Ambiente ratifica a versión do Concello sobre os depósitos de terra en San Cibrao


# Xoves, 29/03/2007
Os populares censuran uns depósitos de terras que eles mesmos permitiron cando gobernaban na Xunta

O Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ratifica a versión do Concello de Lugo sobre os depósitos de terra en San Cibrao. Vázquez demostrou onte, durante o debate mantido no Parlamento co representante do Partido Popular, a existencia de denuncias de verquidos no ano 2003 no monte de San Cibrao, cando era responsable desta Consellería o popular José Manuel Barreiro. É dicir, o PP consentiu o que agora denuncia desde a oposición.

O Conselleiro explicou que unicamente se verteron terras e que o recheo serviu para rexenerar os terros. Por esta razón no ve razón de continuar adiante cunha investigación da que tiña que facerse responsable o propio PP.

Durante esta reunión, a voceira en temas medioambientais, Laura Seara, indicou, tal e como fixera o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, que o primeiro informe de denuncia foi realizado no 2003 pola Policía Autonómica a instancias do Concello de Lugo e que foi remitido á Consellería de Política Territorial e o seu titular, Alberto Núñez Feijoo. Sen embargo, o PP arquivou o asunto.

Considera o Conselleiro que, se nalquel momento cando o PP gobernaba na Xunta non se levou a cabo ningunha investigación, non ve motivo de facelo agora, cando foi o propio goberno de Orozco o que deu a orde de parar o verquido, sendo recurrido pola empresa que facía os recheos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova