Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello participa na plantación de carballos realizada na ETAP


# Venres, 27/04/2007
Lugo conta actualmente cun millón e medio de metros cadrados de zona verde

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, participaron esta mañá na plantación de carballos organizada por Caixa Galicia dentro dunha iniciativa levada a cabo polos centros de maiores desta entidade espallados por Galicia.

Neste acto de plantación, coincidente coa celebración do Día da Árbore, participaron os alumnos da Escola Infantil do Sagrado Corazón, do CEIP Quiroga Ballesteros e os membros do Centro de Maiores de Lugo.

O Director da Obra Social de Caixa Galicia, Manuel Aguilar, estivo ao fronte desta iniciativa, na que quedaron plantados ao lado da ETAP unha serie de carballos destinados á reforestación dos montes galegos, que foron arrasados ao longo do verán polo lume.

O Alcalde agradeceu esta iniciativa levada a cabo por esta entidade e lembrou que en Lugo xa son máis de sete mil ás árbores prantadas nas zonas verdes

Actualmente, o concello de Lugo conta cun 1.475.000 metros cadrados de zonas verdes, o que supón 17,2 metros por cidadán, unha cifra superior á recomendada pola OMS, que son entre 10 e 15 metros. Destes espazos verdes, 720.000 son xestionados polo Concello e o resto pola Deputación. Estes datos converten a Lugo nunha das cidades galegas con máis espazos verdes.

Lugo conta hoxe en día con seis grandes parques dentro do Concello, aos que hai que sumar outras 30 zonas de xogos que están en marcha ou está finalizando a súa instalación.

As grandes áreas verdes xestionadas polo Concello son o Rosalía de Castro, o parque da Milagrosa, o de Marcos Cela, o Pazo de Feiras e Congresos, o parque do Miño, o Ceao e as carballeiras de Acea de Olga e Albeiros.

O Alcalde lembrou o compromiso do Concello co Medio Ambiente co esforzo realizado por mellorar todos os espazos verdes que existen en Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova