Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello ampliará o parque de Marcos Cela preto dun 20%


# Venres, 11/05/2007
Utilizarán a parcela municipal situada por enriba da Volta da Viña

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, presentou hoxe o proxecto de ampliación do parque Marcos Cela, que suporá aumentar a súa superficie entre un 17 e un 20 por cento.

Lino González explicou que non se trata dun proxecto novo “senón dunha vella aspiración deste equipo de goberno”, dixo. O proxecto contempla a adecuación do espacio comprendido entre as rúas República Arxentina e a subida da Volta da Viña.

Esta nova instalación permitirá facer unha zona de paseo para unir a Fonte dos Ranchos coa Cea de Olga. A idea do Concelleiro é unir esta nova ampliación co parque xa existente a través dunha pasarela e adecuar o solar con distintos sistemas que palien o importante desnivel e poda ser utilizado de xeito cómodo e seguro.

Esta parcela ten actualmente titularidade municipal e foi limpada e desbrozada polo actual equipo de goberno para mellorar o aspecto de abandono que tiña.

O Concelleiro avanzou que ademais de zona verde e do paseo haberá lugar para varios miradores, “que porán en valor esta zona, que é unha das que máis valor paisaxístico ten de toda a cidade”.

Segundo indicou o Concelleiro, antes de poñer en marcha o proxecto realizarase un estudo para coñecer en profundidade as necesidades que terá esta parcela para o seu aproveitamento. Será necesario tamén realizar estudios geofísicos antes de deseñar o proxecto.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova