Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Fiscal confirma a versión mantida polo Concello de Lugo no tema do vertedoiro de San Cibrao


# Mércores, 19/09/2007
O Alcalde de Lugo e o Concelleiro de Medio Ambiente pídenlle ó PP que pida desculpas á cidadanía

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, amosaron a súa satisfacción polo decreto da Fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo que arquiva as dilixencias informativas relacionadas co vertedoiro de San Cibrao.

Para López Orozco “a xustiza resplandeceu sobre as tinieblas”. Apelou á responsabilidade dos políticos ó facer acusacións tan graves como a feita polo concelleiro do PP Jaime Castiñeira no seu día. “Hoxe podemos decir que a Fiscalía ordena por un lado, o arquivo das dilixencias informativas motivadas pola denuncia do señor Castiñeira e, por outra, indica determinados pasos que pode seguir, se o estima oportuno, este edil popular”.

Para o Alcalde a política debe ocupar o seu lugar e non buscar substitutos xudiciais, “son dous campos diferentes e hai que sabelos exercer, non se deben confundir. Hai un principio constitucional que é o da presunción de inocencia: todos son inocentes ata que se demostre o contrario”.

Na súa intervención pediulle ó responsable do Partido Popular que pida desculpas “non a min, senón ó pobo de Lugo por lanzar insidias que nada tiñan que ver coa xustiza”.

Para o Alcalde o decreto da Fiscalía confirma dunha forma clara e diáfana a conducta impecable da súa persoa e da do Concelleiro de Medio Ambiente. “Por iso é un día de ledicia para nós e para a institución que representamos. Non cometemos ningún delicto, aínda que alguén nos acusou sen ser xuiz”.

Antecedentes

A polémica polo vertedoiro de San Cibrao comezou no ano 2003 sendo Conselleiro de Medio Ambiente, o actual concelleiro José Manuel Barreiro, e vicepresidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, momento no que o Concello de Lugo denunciou o vequido de terras en San Cibrao. Os populares fixeron caso omiso á petición do Goberno Local naquel momento.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova