Imprimir

UNS MIL RAPACES ASISTEN ÓS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE JAZZ ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN


12/11/2007 As actuacións terán lugar no Círculo das Artes en pases de 10:00 e 12:00 horas

A XVII edición do Festival de Jazz, organizado pola Asociación de Amigos del Jazz (Escobijazz) e copatrocinado polo Concello de Lugo, a Consellería de Innovación e Industria e a Fundación Caixa Galicia terá lugar ó longo de toda a semana. A Concellería de Educación, dentro do programa xeral, organizou unha serie de concertos didácticos destinados a rapazas e rapaces do último ciclo de Primaria e do primeiro ciclo de Secundaria. Uns mil rapaces de todos os colexios da cidade participarán nestas actuacións que terán lugar de luns a mércores no Círculo das Artes en dous pases, ás 10:00 e ás 12:00 horas. Os distintos estilos máis coñecidos do jazz, a tarefa e función de cada instrumento, as características de cada músico, serán explicadas durante esta exposicións, sempre facendo participar aos asistentes, que subirán ó esceario para incluírse activamente na representación.