Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Zona Rural anuncia a adxudicación de obras de saneamento en tres parroquias rurais de Lugo


# Martes, 13/11/2007
A empresa pública Traxa será a encargada da realización das melloras

O Concelleiro de Zona Rural, Francisco Fernández Liñares, deu a coñecer a adxudicación que a Consellería de Medio Ambiente fixo recentemente para o saneamento dos núcleos rurales do Concello de Lugo. Estes proxectos foran remitidos á Consellería fai varios meses como consecuencia dun convenio firmado entre ambas institucións para levar a cabo o saneamento das parroquias que integran da zona rural. O Concelleiro indicou que en Lugo existen 54 parroquias rurales con diferentes necesidades de saneamento dependendo da súa ubicación. Liñares explicou que “esto no futuro, como consecuencia da aplicación da normativa europea de racionalizar o saneamento co medio ambiente e os aspectos sanitarios, habrá que impoñelo incluso naquelas zonas onde os veciños non detecten as necesidades xa que supoñen un cambio de vida para os cidadanos da zona rural”. Adxudicáronse todos os proxectos que foran remitidos á Xunta de Galicia á empresa pública Traxa: o núcleo de Casas Novas en Piugos por 121.611 euros, o de Bosende na parroquia de San Pedro Félix de Muxa por 662.347 e da Rubiana no Camiño de Liñares adxudícase por 228.677 euros. Neste paquete, ainda que é unha obra eminentemente urbana, tamén ía incluida a mellora do sistema de auga na Piringalla que conta cunha inversión de 614.484 euros. Esta obra beneficiará a todos os lucenses xa que se trata dunha mellora das infraestruturas da cidade coa renovación da rede arterial nas rúas Mar Cantábrico, Milagrosa (desde Luis Seoane ata a praza da Milagrosa) e Luis Seoane. Destos orzamentos, o Concello de Lugo aportará entre un 25 e un 30 por cento neste ano 2007, e a Consellería de Medio Ambiente o resto no 2008. O Concelleiro explicou que quedan todavía algúns proxectos de saneamento da zona rural nos que se está a traballar. O de Adai e Orbazai, en proceso de redacción, o de Meilán, pendente da realización dun estudo topográfico, e, xa rematado, a espensas da ubicación da depuradora, o proxecto da parroquia de Tirimol que contará cun presuposto de 1.283.310 euros. Estas accións cumplen co compromiso acado polo Goberno Local para levar a cabo o saneamento das parroquias do Concello mellorando a calidade de vida de todos os veciños.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova