Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Só un 17,32% dos lucenses utiliza bolsas normalizadas para botar o lixo


# Luns, 27/03/2006


Un 73,62% dos lucenses que contestaron na enquisa semanal da páxina web www.lugo.es reutiliza as bolsas dos supermercados para botar o lixo ós contedores, costume que recomenda evitar a campaña publicitaria Lugo limpo gústame máis porque estas bolsas non están preparadas para esta función e rompen con facilidade. Segundo explica a Concellería de Medio Ambiente, ó romper prodúcense verquidos á calzada e nos contedores que contaminan o ambiente e perxudican a nosa vida cotiá. Ademais, eso obriga á limpeza destes depósitos máis asiduamente do necesario, ó que supón un custo maior para o Concello. Na enquisa participaron un total de 254 persoas, das que 187 votaron esta opción. Así mesmo, un total de 44 persoas (o 17,32%) afirma utilizar unicamente as bolsas normalizadas e o resto, 23 persoas (o 9,05%), di que usa ambos tipos indistintamente. Ademais, cinco persoas enviaron tamén os seus comentarios. A enquisa estivo activa dende o 20 de marzo ata esta mañá. Dende hoxe, todos os lucenses que o desexen explicar os seus costumes de utilización do móbil mentres conducen. Como sempre, os resultados das enquisas feitas con anterioridade poden ser consultados na propia web.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova