Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentado no Concello un programa de axuda do Fondo Galego de Cooperación en Honduras


# Xoves, 27/10/2005


Representantes de Solidariedade Internacional ofreceron hoxe ante os medios de comunicación un resumo das actuacións que se están levando a cabo no municipio indíxena hondureño de Basalte, a cargo do Fondo Galego de Cooperación. María Paz, de Solidariedade Internacional de Galicia, e Juan Alberto Castillo, representante da mesma organización en Honduras, acompañados de Carmen Basadre, Concelleira de Muller e Benestar Social presentaron o plan de Mejora Integral de las Condiciones de vida en las comunidades del municipio de Balsate, que se está desenvolver en esta zona. Trátase dunha poboación desenvolvida e con un alto índice de malaria provocada polas numerosas inundacións que teñen lugar. Os fondos estanse utilizando para a capacitación, equipamento e fortalecemento das institucións e da educación nesta comunidade indíxena que, como explicou Juan Alberto Castillo, "está perdiendo su identidad cultural". O Concello de Lugo, segundo explicou a Concelleira, está a participar no Fondo Galego de Cooperación cunha aportación económica e o seu apoio. Os dous representantes de Solidariedade Internacional están a desenvolver unha serie de charlas nos centros educativos e de ensino para dar a coñecer a súa labor de cooperación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova