Cargando....
Concello de Lugo
21/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello informa aos comerciantes das obras que se levan a cabo na praza de Abastos


# Domingo, 26/11/2006
Reuniranse a partir das cinco da tarde no Uxío Novoneyra

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, manterá esta tarde, a partir das cinco, unha reunión cos comerciantes da praza e o mercado de Abastos para dar conta das obras que se están a realizar nestas instalacións cos cartos obtidos dunha subvención da Consellería de Industria de 177.000 euros para os próximos dous anos. A praza será motivo dunha ampla reforma con motivo destas obras en cada un dos locais. Así, na zona de mercado arranxaranse as deficiencias que quedaron pendentes da anterior rehabilitación. Ademais, mellorarase a iluminación e se cambiarán as pedras do centro por outros módulos, xa que estas pedras non de adaptan á normativa actual de hixiene e son pouco operativas. No piso principal da praza reformarase un dos postos para punto de información ao consumidor e usuario. Tamén se arranxará o chan que, por problemas de filtración de auga nas xuntas de dilatación, estaba a provocar destrozos no teito do sótano. Así mesmo, mellorarase a iluminación e o pavimento de seguridade en escaleiras e ascensor. No sótano arranxarase o teito, así como o resto de desperfectos causados pola humidade. Mellorarase a accesibilidade e se procederá ao repintado de todo o edificio. A reunión cos comerciantes terá lugar a partir das cinco da tarde na sala C do Centro Social Uxío Novoneyra.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova