Imprimir

O CONCELLO DE LUGO E OS INDUSTRIAIS DA PRAZA DE ABASTOS SORTEAN UNHA CEA DE REIS ENTRE OS CLIENTES


5/1/2006

Por cada compra efectuada na Praza de Abastos ata esta tarde, os clientes reciben papeletas para participar no sorteo. O gañador será aquel que posúa a papeleta co número que coincida coas catro últimas cifras do 1º premio do sorteo do Neno da Lotería Nacional. O afortunado deberá personarse na mañá do día 7 de xaneiro na Praza. Alí realizarase a entrega do premio e o agraciado escollerá o seu restaurante preferido da cidade para compartir, esa mesma noite, unha cea de Reis con outra persoa. A iniciativa enmárcase na campaña de dinamización da Praza de Abastos que promove o Concello de Lugo. Está patrocinada pola institución municipal e a súa organización corre a cargo dos Industriais da Praza.