Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de inscrición para o II Campus de Fútbol-Sala


# Venres, 26/08/2005
Ofértanse 30 prazas limitadas

Representantes do Azkar Lugo e a Concelleira de Participación Cidadá, Luisa Zarzuela, presentaron o II Campus de Fútbol Sala "Azkar Lugo FS", que comezará o vindeiro 5 de setembro e rematará o día 10. Está dirixido a nenos nacidos entre os anos 1993 e 1998 (ambos incluídos). O Campus, como na anterior edición, terá lugar no Centro Deportivo Terra e na Área Recreativa desta entidade. Entre as actividades programadas para esta edición destaca que os participantes poderán presenciar un adestramento do Azkar Lugo e tamén dous partidos oficiais: o de presentación –que terá lugar o 6 de setembro- e o da primeira xornada de Liga –o 10 de setembro-. Tamén está previsto que os xogadores do Azkar visiten ós nenos para intercambiar impresións. Os participantes no campus terán sesións de técnica co balón e tamén disputarán competicións entre eles. A actividade estrela chegará coa excusión programada ás instalacións do Real Club Celta de Vigo. En total ofértanse 30 prazas limitadas. A data de inscrición remata o 31 de agosto. Os interesados deben contactar co Centro Deportivo Terra. Existen dúas posibilidades: a inscrición na actividade con media pensión, que ten un custe de 100 euros, e a inscrición con pensión completa, que ten un custe de 150 euros e permite ós nenos durmir nas instalacións perfectamente acondicionadas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova