Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Servicios Xerais concede 25.700 euros a asociacións do ámbito da participación cidadá


# Venres, 06/08/2004


A Concellería de Servicios Xerais, dirixida por Luisa Zarzuela, fixo hoxe público o decreto polo que se conceden 25.700 euros en concepto de subvencións a asociacións do ámbito da participación cidadá. Un total de 35 asociacións veciñais e culturais beneficiaranse destas axudas. Trátase dunha das convocatorias que fai o Concello de Lugo para colaborar coas entidades veciñais e contribuír á dinamización das súas actividades. Tamén reparten subvencións con esta finalidade as Concellerías de Deportes, Benestar Social ou Cultura. En concreto, a convocatoria de Servicios Xerais está dirixida a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral ou sectorial e para o mantemento de equipamento para o exercicio 2004, no que a participación cidadá se refire. A Federación de Asociacións de Veciños do Concello de Lugo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a Asociación San Isidro da Piringalla, a Asociación "Ponte da Chanca", a Asociación de Veciños de Orbazai, a Asociación de Veciños da Milagrosa, a Asociación "Gatos Roxos" das Gándaras, a Asociación "Entre Carrís" e a Asociación de Veciños de San Xoán do Campo son algunhas das que resultaron beneficiadas. A Concellería de Servicios Xerais informa de que para percibir a subvención os interesados poden acudir dende hoxe á Oficina de Atención Cidadá do Concello, emprazada no edificio administrativo da Ronda da Muralla, 197. Deberán presentar as facturas das actividades para as que se solicitou a axuda e o certificado do número de conta bancaria, para que se lles faga o ingreso correspondente. Teñen de prazo ata o día 10 de decembro. As 35 asociacións beneficiarias recibirán axudas de entre 300 e 1.500 euros, coas que se financiarán actividades para nenos, maiores e xente nova; visitas culturais; cursos; actividades deportivas; feiras; charlas informativas; e obras de mantemento de instalacións.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova