Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle a representación da obra de Benito Pérez Galdós Misericordia


# Venres, 16/11/2007
Terá lugar o domingo, día 18 de novembro, ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire

O Concello de Lugo, en colaboración co Igaem, achega a cidade a representación da obra de teatro “Misericordia” de Benito Pérez Galdós. O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a montaxe da compañía galega Teatro de Ningures o domingo, día 18 de novembro, a partir das 20:30 horas. A dramaturxia e a dirección están a cargo de Etelvino Vázquez e o reparto artístico está formado por Casilda García, Santiago Cortegoso, Sonia Rúa, Mundo Villalustre, Mónica Camaño, Salvador del Río, Paulo Serantes, Marián Bañobre e Fran Paredes. "Misericordia" é unha peza que ilustra a sociedade decimonónica española con realismo e sen sentimentalismos. Retrata a picaresca a través dos personaxes das clases sociais máis desfavorecidas (os protagonistas, Benigna e o cego, Almudena e a "catropea" dos mendigos). Realiza unha semblanza dunha fidalguía en decadencia, mais que, ao mesmo que o país, empéñase en vivir da aparencia e de lembranzas da grandeza pretérita. E bosquexa unha nacente burguesía comercial, inculta e insolidaria. Todo a trama está impregnada dun ton crítico, sobre todo no referente á relixiosidade omnipresente, falsa e reaccionaria, que bendice e santifica a hipocrisía e a dobre moral imperante na época. As entradas para o espectáculo poderán adquirirse desde unha hora antes do comezo da representación na taquilla do Auditorio ao prezo de 5, 4 ou 3 euros segundo o asento.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova