Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pon á venda as entradas para o IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX


# Venres, 16/11/2007
A obra teatral de Valle-Inclán é a protagonista deste certame que se celebrará entre o 22 e o 27 de novembro

O Concello de Lugo pón a venda as entradas para as representacións do IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX . Nesta edición este certame está dedicado ao gran dramaturgo Valle-Inclán, o mellor autor de teatro español do século XX. Neste festival representaranse tres obras de gran calidade entre os días 22 e 27 de novembro no Auditorio Municipal. Os prezos son populares e varían entre 6, 8 e 10 euros, ademais, realizaranse descontos de 2 ou 3 euros para xubilados, desempregados e estudantes. As entradas, todas elas numeradas, estarán á venda desde o 14 de novembro na web www.caixanova.es e no teléfono de 902 504 500. Tamén, poderán adquirirse unha hora antes do comezo de cada función nas taquillas do Auditorio Municipal. O festival arrincará coa conferencia El Teatro de Valle-Inclán da man de Dru Dougherty, Catedrático de Literatura Españona da Universidade de Berkeley, California, o xoves 22 de novembro na Sala Sargadelos. O venres 23 comezarán as representacións teatrais coas tres obras que constitúen o Retablo de Valle-Inclán: La Cabeza de Bautista, Las Galas del Difunto e La Rosa de Papel. O domingo 25 de novembro, Producciones Cachivache & Teatro Zascandil levarán ás tablas Los Cuernos de Don Friolera. Para pechar o festival de teatro, o martes 27 de novembro, o público poderá gozar coa obra máis famosa do autor galego, Luces de Bohemia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova