Cargando....
Concello de Lugo
04/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza un concerto de música tradicional para maiores


# Venres, 16/11/2007
O grupo Tahona actuará o 19 de novembro, a partir das 18:30 horas, no Centro Social Díaz de Castro

A Concellería de Muller e Servizos Sociais achega a Lugo o espectáculo “Me lo cantaba mi abuelo…” que xa percorreu gran parte da xeografía española e acumula máis de douscentas actuacións. Esta actividade consiste nun concerto gratuíto que ofrecerá o grupo Tahona no Centro Social Díaz de Castro o luns, día 19 de novembro, ás 18:30 horas, dirixido a todo o público en xeral, pero especialmente para os maiores xa que poderán gozar das cancións da súa mocidade. Este espectáculo musical recupera a música tradicional dos nosos antergos e preséntase como unha actuación que fomenta a interacción co público. A través de diálogos, trabalinguas, brindis e acertixos os participantes percorren a historia da música popular. Non faltarán as coplas de ronda, as murgas ou as cancións de traballo que ilustran con humor e ironía a sociedade tradicional e recollen momentos históricos do noso pasado. Para máis información pódese consultar a páxina web municipal www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova