Cargando....
Concello de Lugo
07/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa Radares Xuvenís afianza a súa continuidade e amplíase a sete institutos da cidade


# Luns, 19/02/2007
A principal novidade son os orzamentos participativos, unha iniciativa exclusiva do Concello de Lugo

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou esta mañá a segunda edición do programa “Radares Xuvenís” que confirma a continuidade deste proxecto iniciado o pasado ano como experiencia piloto en tres institutos da cidade. A edil salientou que este ano conseguiu amplialo a sete centros educativos. Os institutos adscritos ao programa son os I.E.S Leiras Pulpeiro, Politécnico, Ánxel Fole, Lucus Augusti, Xoán Montes, Piringalla e Nosa Señora dos Ollos Grandes. Os Radares Xuvenís estanse a desenvolver noutras cidades españolas e cumpren unha función de intermediarios entre a administración e a mocidade. Rosana Rielo explicou que “serven para que coñezamos de primeira man as necesidades dos mozos e de fonte de información para promover actividades”. O prazo para solicitar ser radar permanecerá aberto dende o día 20 de febreiro ata o 7 de marzo. No proceso de selección participarán un representante do Concello, un taballador do programa Previlugo e o orientador do centro, Elixirán un radar por ciclo formativo en cada centro ata un máximo de tres. Os rapaces seleccionados gozarán dunha bolsa de 50 euros ao mes e a súa misión rematará ao final do curso escolar. Presupostos participativos O Concello de Lugo presenta nesta edición a iniciativa pioneira de crear uns orzamentos participativos mediante os cales os rapaces decidirán de forma maioritaria a inversión de 10.000 euros en actividades específicas para a mocidade. A través dos radares, os alumnos expresarán as súas prioridades. Este modo de participación é unha iniciativa novidosa do Concello de Lugo dentro do estado español. A concelleira destacou que “isto servirá para dar voz a xuventude e fomentar a súa participación ao tomar unha decisión tan importante como é a de elaborar unha axenda de actividades propia”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova