Imprimir

A CONCELLEIRA DE EMPREGO PRESENTA O PROGRAMA DE PRÁCTICAS LABORAIS LUGOQUALITAS AOS DIRECTORES DE CENTROS DE ENSINO DE FP


19/11/2007

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo unha xuntanza con directores e representantes dos distintos centros de ensino da cidade nos que se imparte Formación Profesional e ciclos formativos, para presentarlles o proxecto de inserción laboral Lugoqualitas. Esta iniciativa, denominada “Formación Europea para a cualificación profesional da mocidade lucense Lugoqualitas”, está promovida polo Concello de Lugo ao abeiro do programa europeo Leonardo da Vinci e contempla a realización de prácticas profesionais en países europeos por parte de mozos lucenses que se atopen no mercado laboral ou en disposición de acceder ó mesmo e completar deste xeito a súa formación. Os beneficiarios do proxecto, realizaran prácticas en empresas de Italia e Polonia cunha duración de 13 semanas e o inicio das mesmas está previsto para o vindeiro mes de abril de 2008. A edil acordou cos representantes educativos establecer os criterios de colaboración para o proceso de selección dos mozos, así como as orientacións para a elaboración das bases da convocatoria de participación no programa. Tamén estableceuse que os Centros contactarán cos alumnos que remataron os estudos nos últimos tres anos para informarlles do programa e facilitar a súa participación.