Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Conclusións do segundo día das VI Xornadas sobre Violencia de Xénero organizadas polo Concello de Lugo


# Venres, 23/11/2007
3ª.- As outras vítimas do maltrato as mulleres, Ángeles Sepúlveda

A asociación AMUVI diríxese a menores vítimas da violencia de xénero. Comezaron a súa actividade para axudar aos nenos vítimas, directas e indirectas, da violencia de xénero; tamén as impulsuo a falta de medios nos seus comezos e o gran número de casos. As principais consecuencias dos maltratos que na asociación atopan son: insensibilización, necesidade de afecto (como contrapunto), sentimento de culpa, culpan ás nais, agresividade, abuso do alcohol, drogas, etc. Estos síntomas varían segundo a idade do neno e tamén do caso. Os principais obxetivos de AMUVI son: eliminar os prexuicios e os estereotipos de xénero, tamén fixo especial énfasis en facer que aprendan a non ser vítimas (exemplo da muller sumisa) e tampouco agresores. 4º.- Detección de conductas enmascaradas no contexto escolar, Mª Jesús Navarro Otero Dende os centros educativos faise o seguinte traballo: -Prevención: mediante a formación dos profesores para que eduquen sen ser sexistas, eduquen en valores e en tolerancia. -Detección: por parte do profesorado, pai/nai, educador/ra. -Detección de algunha conducta sospeitosa: baixo rendemento, actitude agresiva,... -Intervención: realízase unha entrevista onde se fixan na comunicación verbal (que é controlable) e a comunicación corporal (non controlable). Búscase que o neno baixe os niveis de defensa e os comportamentos camufladores, para que exprese o seu verdadeiro problema. Para elo durante o diálogo móstrase empatía para que o neno este máis cómodo. -Tómanse medidas: aulas especiais, sesións coa orientadora, reforzo da aprendizaxe. 5º. Como actuar ante os problemas que xurden na garda e custodia de menores, Amalia Fernández Doyague O principal problema na garda e custodia é que non se escoita aos nenos, os cales terían moito que dicir ao respecto. A custodia pode ser para o pai, nai, tutor ou custodia compartida, esta última non se recomenda nos casos de violencia de xénero xa que se poden producir múltiples problemas (exemplo: a nai teme que o neno sexa agredido). Ultimamente estase a estender o SAP: Síndrome de Alineación Parental o cal se diagnostica en moitos casos cando as nais comentan que senten medo de que o agresor maltrate o neno ou a ela, isto interprétase como que incide os fillos a que non queiran ver o pai polo que se lle retira a custodia e se lle da o pai, sen comprobar os informes anteriores de agresións, abusos, etc. O SAP foi creado por un home norteamericano sen nengún tipo de formación, que nos seus libros di cousas como que: “as mulleres son masoquistas e deíxanse violar por isto” ou “que as relacións entre nenos e adultos son normais”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova