Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Convocatoria de emprego da escola obradoiro Escola Solidaria


# Luns, 26/11/2007


Convocatoria para a contratación laboral temporal a media xornada o administrativo e a xornada completa o resto das prazas todas elas por un período de 6 meses, coa posibilidade de sucesivas contratacións, tendo en conta que a suma total de todas elas non excederá en ningún caso dos 18 meses de duración da Escolao Obradoiro “Escola Solidaria” do Concello de Lugo das prazas seguintes: 2- Mestres de Obradoiro de Albanelaría. 1- Mestres de Obradoiro de Carpintaría de Madeira. 1.- Administrativo (1/2 Xornada) Os aspirantes a estas prazas deberán presentar as solicitudes (segundo o Anexo I que figura nas bases da convocatoria) xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados , debidamente documentados, antes das 14 horas do día 30 de Novembro de 2007, no rexistro do Concello de Lugo ou na Delegación Provincial da Consellería de Traballo, sita na Ronda de la Muralla, 70 (Servizo de Promoción do Emprego - Escolas Obradoiro). A lista provisional de admitidos e excluidos, será publicada nos lugares anteriormente citados ó día 5 de Decembro de 2007 . O prazo para formular alegacións por parte dos opositores excluídos á lista provisional ou presentar alegacións as puntuacións sobre a documentación aportada en prazo rematará o día 10 de Decembro de 2007 ás 14 horas. debéndoa presentar nos lugares anteriormente sinalados. A lista definitiva de admitidos será publicada da mesma maneira o día 12 de Decembro de 2007. Á finalización das probas o Grupo de Traballo Mixto, publicará a relación de opositores declarados aptos, por orden de puntuación. As bases desta convocatoria así como a data, hora e lugar das probas, serán expostas no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo e na Delegación Provincial da Consellería de Traballo sita na Ronda de la Muralla, nº 70.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova