Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde amósase optimista para a aprobación dos orzamentos do 2008


# Luns, 26/11/2007
Haberá unha nova xuntanza coa oposición o venres 30 de novembro

"Satisfeito e optimista", así asegurou sentirse o Alcalde de Lugo, José López Orozco, logo dunha nova xuntanza cos grupos da oposición para analizar a proposta de orzamentos municipais presentada polo equipo de goberno. "penso que é posible un achegamento para a probación dos orzamentos".

O Goberno local presentou o pasado día 16 de novembro un proxecto estudado por técnicos municipais, do que poderían ser os orzamentos do Concello para o vindeiro ano. Nesa proposta as partidas superan nun 9,75% os orzamentos deste ano.

Para o ano 2008 o Alcalde e a Concelleira de Economía presentaron uns presupostos de 100.887.848,77 euros, equilibrados en ingresos e gastos, e que supoñen un incremento do 56% no apartado de servizos ás persoas.

Entre as propostas presentadas está a construción dun novo Centro Cívico en Montirón-Sanfiz ou o edificio do Centro socio-cultural de Fontiñas.

En materia cultural o incremento tamén é notable e supera o 46% incluíndo, entre outras obras, a construción dunha biblioteca na zona da Piringalla.

Trátase ademais dun presuposto no que se ten moi en conta o futuro dos barrios, o obxectivo é que todos teñan dotacións públicas e servizos.

Outro aspecto destacado deste borrador de orzamentos é o Plan Urban, para o que o Concello leva traballando varios meses, e que suporá, en caso de que o concedan, unha aposta forte pola revitalización do centro histórico lucense

Segundo explicou López Orozco, acompañado pola Concelleira de Economía, Sonia Méndez, nesta xuntanza puxéronse sobre a mesa as propostas do BNG e do PP "son propostas viables que poden levar a un acordo e que o acordo beneficie á cidade de Lugo. Tamén na oposición se pode traballar por Lugo".

López Orozco destacou que entraron na xuntanza con ánimo de consenso e que así entrarán na vindeira reunión que está previsto que teña lugar o venres 30 de novembro.

No encontro de hoxe o BNG decidiu refacer a súa proposta e volver a presentala ante a existencia de aspectos imposibles de plasmar na realidade, "como pasar o 5% do conxunto do capítulo II ó capítulo VI. Se fora posible apoiariamos a proposta".

O Alcalde recordou que a filosofía de estudar todos os aspectos e chegar a acordo segue presente na intención do equipo de goberno.

O Partido Popular fixo unha proposta "en principio estudable e con posibilidades de aprobación, como que algunha partida se reduza ou desapareza".

O Alcalde de Lugo reiterou o seu compromiso a traballar polo consenso "non lle vou a decir que non a ningunha das ofertas presentadas. Xa dixen que non vou a negociar con condicionantes.

López Orozco destacou que é mellor ter uns orzamentos aprobados con acordo, "de aí a nosa apertura ó debate. Neste caso só nos condicionan os números".


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova