Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX despídese coa representación de Luces de bohemia


# Luns, 26/11/2007
A compañía Teatro del Temple achega a Lugo este martes, día 27 de novembro, unha espectacular montaxe desta obra mestra

O IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX despídese este martes, 27 de novembro, coa representación de "Luces de bohemia". A compañía Teatro del Temple achega a Lugo unha espectacular montaxe desta obra mestra de Valle-Inclán.

Esta compañía é unha das agrupacións máis prestixiosas do panorama teatral nacional e conta co recoñocemento do Premio Max das Artes Escénicas de 2003 ao espectáculo revelación polo espectáculo "Picasso adora la Maar" e foi finalista nesta mesma categoría no ano 2001 pola obra "Buñuel, Lorca e Dalí".

A función terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire e as entradas, todas elas numeradas, están á venda na web www.caixanova.es e no teléfono de 902 504 500. Tamén, poderán adquirirse unha hora antes do comezo da función nas taquillas do Auditorio Municipal.

Os prezos son populares e varían entre 6, 8 e 10 euros, ademais, realizaranse descontos de 2 ou 3 euros para xubilados, desempregados e estudantes.

Nesta edición este certame está dedicado ao gran dramaturgo Valle-Inclán, o mellor autor de teatro español do século XX. Neste festival representáronse tres obras de gran calidade entre os días 22 e 27 de novembro no Auditorio Municipal.

O festival arrincou coa conferencia "El Teatro de Valle-Inclán" da man de Dru Dougherty, Catedrático de Literatura Españona da Universidade de Berkeley, California, o pasado xoves 22 de novembro na Sala Sargadelos.

O venres 23 comezaron as representacións teatrais coas tres obras que constitúen o Retablo de Valle-Inclán: La Cabeza de Bautista, Las Galas del Difunto e La Rosa de Papel. O domingo 25 de novembro, Producciones Cachivache & Teatro Zascandil levaron ás tablas Los Cuernos de Don Friolera.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova