Cargando....
Concello de Lugo
15/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo, exemplo de accesibilidade entre as cidades históricas do sur de Europa


# Luns, 01/01/2007
Unha publicación recolle as actuacións realizadas nos últimos anos para chegar á mobilidade total

O Concello de Lugo convertiuse xa nun exemplo de accesibilidade aos centros históricos en localidades do sur de Europa. Así se recolle na publicación “Soluciones de accesibilidad y movilidad en los centros históricos del sur de Europa”, como complemento do proxecto PAGUS, levado a cabo con financiación europea no Interreg IIIC.

Nesta publicación aparece reflectida a situación actual destes centros históricos, todos eles dunha gran tradición turística, e as solucións que se aportaron e realizaron para conseguir unha accesilidade plena.

Así, Lugo comparte protagonismo con Carmona, Córdoba, Perugia, Ribadavia, Ribadeo, Todi e Vigo. Durante máis dun ano, representantes municipais de todos estes concellos estiveron traballando para mellorar a accesibilidade aos seus centros históricos con proxectos que na maioría dos casos se desenvolveron con éxito.

Lugo figura entre os concellos onde máis traballo se desenvolveu en favor da accesibilidade, en especial nos últimos anos, o que motivou a concesión este ano do Premio Reina Sofía.

Dentro do proxecto PAGUS o Concello ten previsto desenvolver outra serie de actuacións nesta mesma dinámica e de carácter menos urxente, todas elas para seguir mellorando na liña da accesibilidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova