Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle unhas xornadas sobre a accesibilidade aos centros históricos


# Luns, 01/01/2007
Presentaranse as conclusións deste estudo do programa PAGUS realizado por catro cidades españolas e italianas

Lugo acollerá unhas xornadas que conclúen o proxecto europeo do programa Pagus de accesbilidade a centros históricos. Dentro deste programa están a traballar de xeito conxunto, ademais de Lugo, a cidade italiana de Tori, Ribadavia, Vigo e Carmona.

Nas xornadas, que se desenvolverán os días 18 e 19 deste mes na Facultade de Humanidades, presentaransen as conclusións dos análises e os estudos de todas as cidades coa presenza de membros dos colectivos de discapacitados.

As ponencias desenvolveranse en xornadas de mañá e tarde e serán abertas polo Director de Formación Fundosa Accesibilidad, Pedro López Pereda, que presentará a Accesibilidade global e a súa aproximación aos núcleos históricos. Será o Alcalde, José López Orozco, o encargado da inauguración oficial.

Tras as intervencións dos representantes de Cogami, da Once e da FAXPG, os distintos técnicos e espacialistas ofrecerán as conclusión sobre os traballos realizados en cada unha das cidades.

A situación de Lugo será debatida o martes a partir das once e media. Exporanse por unha banda os estudios da situación actual e unha guía elaborada por Aquilino González, de Auxilia, sobre rutas accesibles polo Lugo turístico. Será publicada en dous idiomas e traducida ao braille. Esta guía contempla un detallado informe sobre a hostalería, cafeterías e monumentos da cidade cos problemas e facilidades para o seu acceso.

Seguidamente, os arquitectos Julio Fernández Rivas e Martín Morán presentarán as solucións aos problemas de accesibilidad dos monumentos de Lugo.

Estas xornadas foron presentadas hoxe pola Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que lembrou que están abertas á participación de todos os colectivos, xa que ademais escolleuse para impartilas un lugar accesible para todos, como é o salón desta facultade.

A Concelleira non quixo adiantar máis sobre o que son as conclusións do estudo xa que se tentará poñer en marcha a práctica totalidade do que se presente nesas xornadas. “O turismo debe ser accesible para todos, xa que é un dereito de todos, polo que nós estamos dispostos a xeneralizar o acceso a todos, sempre que se poda”, dixo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova