Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco reúnese cos alcaldes do antigo partido xudicial para decidir que facer co cárcere vello


# Martes, 27/11/2007
As alternativas son a valoración da propiedade e o seu pago ou ben a expropiación

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo unha xuntanza cos alcaldes do antigo partido xudicial, con participación no vello cárcere, para solicitar a súa colaboración e chegar a un acordo en canto á propiedade do cárcere.

López Orozco salientou que neste momento se plantexou dende o Concello de Lugo unha proposta de negociación. O departamento de Economía valorará a propiedade de cada un dos Concellos para determinar a cantidade a pagar no caso de que a proposta sexa aceptada. En caso contrario, López Orozco plantexou a posibilidade de iniciar o proceso expropiatorio.

Os alcaldes do Corgo, Guntín, Friol e Outeiro de Rei propuxeron que os Concellos se quedasen cunha parte en propiedade para uso propio, pero o proxecto de Plan Urban que presentará o Concello de Lugo, pon a totalidade do vello cárcere a disposición dos veciños o que fai inviable a proposta. López Orozco suliñou que é lóxico que "cada alcalde defenda os seus dereitos, como non podía ser menos, eu tamén estou a defender os dereitos da cidadanía de Lugo".

O resto dos alcaldes dixeron que estaban dacordo coa proposta feita e que estudarían a valoración unha vez a reciban.

López Orozco definiu a xuntanza como "amigable" e anunciou que nuns días enviarán a valoración feita polo servizo de Economía do Concello e que será daquela cando se tome unha decisión.

O antigo partido xudicial está formado polos Concellos de Castro de Rei, O Corgo, Castroverde, Friol, Guntín, Outeiro de Rei e Pol.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova